Eres a sota de bastos, eres piollo reghalado, eres tambor de cortiza que ten o coiro furado Outros dos instrumentos de percusión tradicional que podes aprender a tocar na nosa escola son o tambor e o bombo. As clases impártense os venres pola noite e os sábados pola tarde. Para máis información podes poñerte en contacto con nós accedendo dende o menú a Contacto.Gustosamente darémosche toda a información que precises como: prezos, horarios…etc.
Unha volta polo medio, outra polo dárredore, así fai o que ben baila, así fai o bailadore. As clases de baile tradicional impártense os Sábados en dous grupos diferenciados por niveis. Contamos cunha ampla aula con espellos para maior comodidade e perfeccionamento da técnica. Tamén facemos un curso intensivo con mestres especializados en baile e danza tradicional. Para máis información podes poñerte en contacto con nós accedendo dende o menú a Contacto.
O acordeón é outro dos instrumentos que se tocan na escola.As clases son os xoves pola tarde noite e divídense en nivel básico e nivel de perfeccionamento. Para máis información podes poñerte en contacto con nós accedendo dende o menú a Contacto.Gustosamente darémosche toda a información que precises como: prezos, horarios…etc.
O pandeiro sen ferreñas e as ferreñas sen pandeiro,son como a barca sen remos e os remos sen mariñeiro. Un dos instrumentos de percusión tradicional que podes aprender a tocar na nosa escola é a pandeireta. Como novidade, este ano, tamén teremos clase de cunchas e canto tradicional. As clases impártense os venres pola noite e os sábados pola tarde. Para máis información podes poñerte en contacto con nós accedendo dende o menú a Contacto.Gustosamente darémosche toda a información que precises como prezos, horarios…etc.
Tiroliro miña gaita, tiroliro meu gaiteiro. Como non podía ser doutro xeito, en Barbude damos clase de gaita. As clases impártense os venres pola noite e os sábados pola tarde. Para máis información podes poñerte en contacto con nós accedendo dende o menú a Contacto.Gustosamente darémosche toda a información que precises como: prezos, horarios…etc.