A nova asociación Escola de Música tradicional de Barbude e a Banda de gaitas de Barbude quixeron homenaxear con música ao seu fundador e exdirector José Manuel Porto. A agrupación sorprendeuno cunha partitura, composta por José Manuel González, dunha peza titulada “José Manuel Barbude”.
A asociación cultural de música tradicional de Barbude organiza un xantar homenaxe a D. Xosé Manuel Porto Iglesias, que estivo á fronte da Banda de Gaitas de Barbude durante 19 anos. 📅¿Cando? O domingo 24 de setembro, ás 14 horas 📍¿Onde? No Castro de Barbude 💰Prezo: 25 € (nenos ata 13 anos 13€) Retira as túas invitacións ata o mércores día 20! Onde? De xoves a sábado en Barbude nos horarios de escola, ou calquer día, menos os luns, na Hamburgueseria Florida da Estrada. Difunde cos teus contactos e que ninguén se quede sin vir! Gustaríanos reunir a todas aquelas persoas que nalgún momento da súa vida pasaron pola Escola de Barbude, e polo tanto, aprenderon con Xosé Manuel.
Setembro achégase e con el o comezo do novo curso. Consulta horarios e prezos sen compromiso.Por medio da pestaña Contacto poderás consultar con nós e gustosamente che daremos toda a infomación que precises.
Ao igual que tódolos anos, o vindeiro sábado 24 de xuño pola tarde, teremos a xornada de fin de curso na nosa escola. Cursos musicais, entrega de diplomas, concerto fin de curso e unha gran cea popular con cacharela e acampada incluidas. Contaremos coa música dos nosos compañeiros da Banda de Guillarei que nos acompañarán neste día.